CRTVG

Buscar

Botarse ao monte

Capítulo 10: Ruta urbana en Pontevedra

05/10/2009 21:38 h

Un luns máis Xosé A. Touriñán levará o espectador cara a unha nova ruta de "Botarse ao Monte". Esta noite será unha ruta urbana por Pontevedra, concretamente a chamada ruta do colesterol, a última moda entre os camiñantes das cidades. Toda aquela xente á que lle gusta camiñar e que non dispón de moito tempo para afastarse da súa cidade practica esta nova modalidade de sendeirismo, percorrendo tanto zonas vellas coma lugares nos arredores acondicionados para o exercicio.

Touriñán lánzase a investigar esta nova práctica percorrendo Pontevedra e as súas inmediacións, acompañado por Pablo e Manuel, dous homes que se decidiron a acondicionar o río Gafos para o gozo de camiñantes; visitará o centro de Pontevedra en bicicleta con Raquel, para rematar remontando o río Lérez pola súa beira con outro camiñante.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: