CRTVG

Buscar

Chapa e pintura

Capítulo 10: ... e ao finalizar, fírovos

18/09/2014

Chelo pasou á acción e, por fin, Raúl recibiu a demanda de divorcio. Pero el vive convencido de que, todos os actos do seu ex son meras consecuencias da manipulación das súas frívolas amigas. Chegou o momento de contraatacar. Como?, manipulando el tamén a Chelo; engaiolándoa con recordos e promesas... Exactamente a mesma técnica coa que a tivo aletargada durante vinte anos de matrimonio. Marea tanto a pobre peiteadora que esta comeza a
somatizar o seu malestar. Náuseas, vómitos, dores de cabeza e malestar xeral obrigarán a peiteadora a collerse uns días de baixa.

Pobre Chelo. Pobre por ter a Raúl de ex parella, por somatizar a manipulación e por ter de mellores amigas a dúas inimigas encarnizadas que farán da súa enfermidade (máis ben, do seu coidado) motivo de disputa.

Con Chelo enferma e Rita de enfermeira, Noe queda á fronte do salón de peiteados. A aparente tranquilidade do principio pronto tornarase caos e a moza aprendiz, vítima da sobrecarga de traballo, sufrirá un accidente laboral... con danos materiais. A Noe non lle quedará máis remedio que recorrer aos seus veciños do taller para arranxar o desaguisado e evitar a reprimenda do seu xefe. Pero no taller de Ciriaco ninguén move un dedo gratis... Serafín, si. Pero non conta.   

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: