CRTVG

Buscar

Historias de Galicia

Capítulo 10: A historia de ser mulleres

14/10/2007 21:38 h

A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na actualidade, tanto a Xunta coma o Goberno central están a impulsar leis para tratar de poñerlle freo á violencia de xénero, mentres que outros textos lexislativos pretenden impoñer a paridade de sexos en determinados postos de representación pública... Pero historicamente a discriminación da muller foi unha constante que estivo na base do noso dereito e das nosas crenzas cristiás; de feito foi unha discriminación froito de mitos e forzas, a forza física, a forza da lei e a forza do costume.

Así, María Pita ou Isabel Barreto pasaron á historia de Galicia porque en determinadas circunstancias asumiron roles propios do varón. Por ignorancia, por medo e por presión dos dogmatismos, a muller galega aturou secularmente esta discriminación, ata que no século XIX Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán comezaron a chamarlle a esa indignidade polo seu nome...

A Constitución republicana de 1931 recoñeceu a igualdade de sexos no traballo, na política e ante a lei, pero o franquismo devolveuna á condición de tutelada polo home no "sacrosanto labor do coidado do fogar"... Ata o ano 1975 a muller non tivo en España a patria potestade sobre os seus fillos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: