Mareas vivas

Capítulo 1: Unha nova vida

11/01/1999 - 00:00 h
Compartir en Facebook

Andrés Domínguez, avogado dun prestixioso cunsulting de A Coruña, está a piques de conseguir un ascenso que o converterá en vicepresidente do bufete.

Pero, para sorpresa dos seus compañeiros e da súa ex-moza, rexeita o posto e decide aceptar a praza de xuíz nunha vila pequena da Costa da Morte, Portozás.

A súa chegada á vila non podía ser máis accidentada. Na súa viaxe en coche, Andrés atropela unhas galiñas e faise un corte cando bate coa cabeza contra o parabrisas.

Ao tomar posesión do seu cargo de xuíz, Andrés atópase co primeiro problema. María Ares, unha veciña de Portozás, vive coa súa filla dende que o home desaparecera nun naufraxio dous anos atrás. Nunca atoparon o corpo, así que María non é legalmente viúva.

Non lle pode facer fronte á hipoteca da súa vivenda e o industrial Ramón Couto, o home máis poderoso de Portozás, pretende arrebatarlle a casa. Todo o proceso estaba detido á espera de que chegara o substituto do xuíz, e Andrés, abrumado pola súa estrea na xudicatura, estará a piques de firmar o embargo do domicilio de María Ares entre a morea de expedientes que estaban pendentes de resolución.

Cando sabe dos pormenores do caso, decide axudar a María alugando un piso da vivenda. Así, ela poderá pagar a hipoteca e el atopará un sitio onde vivir.

Por unha vez, o invencible Ramón Couto acaba derrotado.

O outro problema que ten Andrés é indemnizar ao dono das galiñas que atropelou, Evaristo Currás, un mariscador furtivo pouco amigo de xuíces.




Valoración
  • 4,6666666666667
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.
codi981 #1
18/05/2011 19:55:38
QUE GRAN SERIE FOI E SEMPRE SERA MAREAS ... ademais de abrir camiño a ficcion en galicia. Deberia apostarse xa por novas ficcions en galicia e deixar de repoñer tanto na galega.
costanorte #2
17/07/2011 12:25:34
Gracias por la oportunidad de volver a disfrutar de esta magnifica serie.
bernardo48 #3
25/07/2011 14:33:40
Cuando podremos tener en la red todos los capítulos para verlos con detenimiento y a unas horas que podamos hacerlo? La serie me gusta mucho