CRTVG

Buscar

Marisa calidade

Capítulo 1

09/04/2018 22:15 h

Neste spin off de “Pazo de Familia”, Marisa e Tomaso vólvense encontrar anos despois de deixar a casa dos Pardo Veiga.
Marisa está intentando montar unha tenda de alimentación baseada nos produtos de proximidade. Tras unha bonita colección de fracasos, está convencida de que esta nova tendencia vai ter éxito.
Tomaso tamén ten un soño: montar un restaurante pequeno onde ofrecer unha cociña baseada en tapas de autor. Ao igual que Marisiña, está convencido de que esta iniciativa vai ter éxito. E é que tanto unha coma o outro, eternos perdedores, levan anos buscando o seu sitio.
O destino quere que os seus camiños se volvan cruzar cando poñen os seus respectivos ollos no mesmo local. O seu reencontro prodúcese ás portas dunha ferraxería que agora está en alugueiro, e axiña comeza a súa rivalidade por conseguir agradar a Román, o dono, interpretado por Ernesto Chao, para que lles ofreza o contrato.
Dando por sentado que forman unha parella, este home de forte personalidade acláralles que prefire alugarlle o local a un matrimonio. Un malentendido, que Tomaso e Marisiña non quererán ou non poderán aclarar.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: