Criaturas
Cap. 130: Mudanza con moito perigo
07/01/2012
Juan Fuentes acompañará a tres cans no seu día a día. Non son cans guía, nin de terapia nin de rescate, pero a súa vida está moi condicionada polo oficio dos seus donos.
Visitaremos Mazaricos para coñecer tres gandeiros de nova xeración e as súas 470 vaquiñas leiteiras.
Veremos cantos paxariños pasan ao longo dun día pola consulta da veterinaria Ana para solucionar os seus problemiñas de saúde.
Achegarémonos tamén a Ares para que o triunfiño galego Ramil nos presente a súa cadeliña, que devece pola praia, e como non, pola música!