A vida por diante
Capítulo 11: O naufraxio
23/06/2006
Os problemas de convivencia entre Marta e Sofía fan que Marta tome a decisión de marchar a vivir con Gaila a Vigo. Pero a verdade do Santoña está a piques de saír á luz e pode cambiar o destino da rapaza e do resto das viúvas.
Renata, que continúa mantendo unha relación secreta con Eusebio, descubre algo na súa casa que o cambia todo. Unha proba do que realmente aconteceu no barco, a causa pola que se afundiu o Santoña.
Eusebio, farto de seguir ocultando o que sabe, decide contarlles por fin ás viúvas a verdade do Santoña. Unha verdade que ningunha delas podería sequera sospeitar.