A vida por diante
Capítulo 10: Desexos
Os problemas de convivencia entre Marta e Sofía, fanse patentes despois de que Marta acudira a Santiago a facer un dos exames da facultade. A moza decide quedar alí para saír de festa sen avisar a Sofía, que a espera impaciente na casa. Isto provocará unha forte discusión entre ambas que as levará a reconsiderar se a convivencia foi unha boa idea.
Pola súa banda, Aurora, nunha das súas saídas nocturnas, coñece a Fernando, un home que se sente atraído por ela. Aurora enfróntase ao dilema de tirar para diante ou seguir ancorada na lembranza de seu home.
Renata acude á casa de Lucía por primeira vez dende que se enfrontaron pola denuncia a Xesús. Pero Lucía non é a única persoa coa que Renata fixo as paces nos últimos días.
Lucía segue preocupada por Mila e a súa obsesión coa morte de seu pai. Chano, nun intento por axudar á súa neta, entrégalle unha caixa chea de postais do pai que tiña gardadas. Isto provoca o enfado de Lucía que cre que o único xeito de que a nena supere a morte se seu pai é non seguir remexendo no pasado.