CRTVG

Buscar

Canto vale?

Canto vale?. Cap. 11

21/01/2012 15:30 h

 Para saber o valor real daquelas cousas e produtos que máis desexamos, o programa que lles pon prezo aos nosos soños lévanos hoxe por Sanxenxo, Poio, A Coruña e Cee , para coñecer as mellores casas, restaurantes, hoteis, tendas e produtos de luxo en xeral. Así, visitaremos un exclusivo chalé con liñas vangardistas situado en Sanxenxo, con espectaculares vistas ao mar, e tamén estaremos con Pepe Vieira nun dos restaurantes máis selectos de Galicia, cunha cociña baseada en produtos naturais recollidos nos seus máis de 14.000 metros cadrados de terreo.

    Desde Poio achegámonos ata a costa para gozar dun exclusivo voo en parapente, un plan orixinal para soltar a adrenalina e descubrir as mellores vistas do medio natural; na Coruña estaremos nun exclusivo concesionario de Harley Davidson, un dos nomes clave á hora de falar de motos, para saber canto custa unha destas xoias da estrada, así como todos os accesorios necesarios. Pero para descansar, nada mellor que pasar unha noite no hotel de natureza AV, en Cee, onde poderemos gozar das mellores vistas da Costa da Morte.

   Para rematar a xornada, coñeceremos de cerca unha das deseñadoras galegas con máis sona internacional, Kina Fernández, na súa fábrica, para seguir con ela o proceso de produción dalgunhas prendas que desfilarán polas pasarelas de moda máis importantes.




Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: