CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Cantigas de Camariñas

22/03/2014 15:30 h

 As Cantigas de Camariñas están formadas por varias coplas que se conservaron na memoria popular durante xeracións, cantadas unha e outra vez en palilladas e festas populares.

 Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña.

 Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecen a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falan do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo.

 Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrece as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
cantiga #1
17/04/2014 01:19:17
nos cantamos coro alborada do centro galego de mar del plata ..

Atopar capítulo por: