CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Cans, San Miguel e Meiro

06/12/2017 23:45 h

A primeira parada do programa será en San Estevo de Cans, unha parroquia do concello pontevedrés do Porriño, terra de artistas e mundialmente coñecida por un festival único de curtametraxes que toma a aldea cada ano. Pero Cans é moito máis que un festival.

A seguinte parada será San Miguel, un gran lugar do concello de Paradela, na comarca lucense de Sarria. Se hai algo que distinga os veciños desta aldea, é o seu xeito de traballar a madeira. Ademais, os reporteiros non marcharán sen probar a súa marmelada. 

Por último, o programa estará no concello de Bueu, en Meiro, territorio de castros e asentamentos romanos. Esta vila é terra de millo e muiñeiros, por iso desde moi cedo, arrecende a pan. Ademais, aquí calquera escusa é boa para organizar unha foliada e non hai festa sen filloas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: