CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Canido

14/08/2016 20:30 h

Unha das protagonistas desta edición é Rosa María Rivas, unha mariscadora que comezou os seus días no mar sendo moi pequena. 
Jose María Prado falará da apaixonante pesca da robaliza. Este mariñeiro experto vai ao mar na súa embarcación só para traballar unha arte moi arriscada que ten que desenvolverse en zonas onde o mar rompe forte contra as rochas, o que a fai máis perigosa e emocionante. O espazo mariñeiro da canle pública tamén conversará con Celia Prado, que leva toda a vida cociñando para os mariñeiros do porto de Canido no seu restaurante.

Atopar capítulo por: