CRTVG

Buscar

Heicho cantar

"Cancións con mensaxe"

10/08/2014 18:00 h

Regresa este domingo á TVG, no horario de tarde (18.05 h.), o programa “Heicho cantar”, que presenta Luís Iglesia e no que se destacan as cancións que callaron fondo na memoria das xentes. Son cancións con mensaxe das que os convidados explicarán o contido das letras e a propia historia das melodías. No programa de hoxe, un dos máis salientables é “Son rebelde”, un tema inconformista e idealista que tanto cantou Jeanette e que en “Heicho cantar” será interpretada por María Mera. 

Outros convidados coñecidos escollerán outras tantas cancións para o recordo, como Lucía Regueiro, que prefire unha mensaxe de amor que chegará a través dunha carta con “Bícame moito”; Marcos Pereiro, que elixirá unha mensaxe de ledicia con “Ao tolo”, e Manuel Manquiña, que traerá o canto dun mexicano que fala moi claro con “Canción do mariachi”. A presente edición de “Heicho Cantar” rematará cunha achega clásica por parte do presentador Luís Iglesia, que interpretará un tema co que tamén abraiará a audiencia da Galega.

Atopar capítulo por: