CRTVG

Buscar

Que casas!

Cambados, Santiago de Compostela, Muros e Outes

03/04/2016 23:30 h

En Cambados, o programa atopará un profesor que ensina Física e Química nun instituto e que vive nun loft modernista de impresionantes dimensións. A súa horta é espectacular e ten obras de arte feitas por el mesmo por todas as partes.
Na capital de Galicia, os espectadores verán unha casa feita polos seus habitantes, o matrimonio composto por un arquitecto e unha interiorista, que ofrecerán toda unha lección de como empregar materiais económicos e conseguir un fantástico resultado.
Outra das paradas de “Que Casas!” será no municipio de Muros, onde entrará nunha vivenda de pedra restaurada nunha pequena aldea. O último dos destinos será Outes, onde o programa amosará unha espectacular reforma levada a cabo por unha interiorista galega de influencias francesas que viviu moitos anos en Inglaterra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: