CRTVG

Buscar

Cabalgata de Reis

Cabalgata de Reis

05/01/2016 18:30 h

Todos os detalles desta tarde de ilusión e emoción serán comentados desde Ourense por María Solar e Alberto Mancebo, con especial atención ao autobús da TVG en que viaxarán os personaxes de animación favoritos dos nenos e nenas galegos, que, nestas horas inesquecibles, levarán diversión e ledicia a todos os asistentes á cabalgata.
Pero os espectadores tamén poderán ver, en directo, como os Magos de Oriente chegan a outras cidades galegas. Vigo, A Coruña, Santiago e Lugo serán puntos obrigados de conexión e, desde alí, Pedro Rielo, María Calvo, Iria Soengas e Belén Baños, respectivamente, narrarán todo o que aconteza no desfile dos Reis Magos polas rúas das distintas urbes.
Por outro lado, a presentadora deste programa especial, María Solar, contará coa presenza de distintos convidados que achegarán as súas impresións sobre esta tarde-noite máxica. Así, polo set do programa pasarán hoxe os actores ourensáns Rubén Riós e Chechu Salgado (Román en “Serramoura”), ademais de Fran Lareu, que interpreta a Iván na serie “O Faro”. 
Tamén están convidados outros ourensáns como Lucía Rodríguez, presentadora do espazo “Aquí Galicia”, o adegueiro César Enríquez “Cachín”, o cantautor Emilio Rúa e a fadista María do Ceo, portuguesa de nacemento, pero ourensá de adopción.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: