CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Burela

04/06/2016 16:30 h

Burela vive a fin de semana grande das súas festas en honor da súa patroa, a Virxe do Carme, que marcan tradicionalmente o inicio da costeira do bonito. O programa “Aquí Galicia” non quere perder esta celebración e por iso instalará este sábado o seu set na localidade mariñá.
Os espectadores da TVG poderán coñecer de preto a historia e a tradición desta festa, que ten entre as súas características máis destacadas as alfombras florais que se instalan para o paso da procesión. “Aquí Galicia” acompañará en directo os alfombristas de Burela para ver como rematan de confeccionar as súas creacións de sal, serradura e flores polas rúas burelenses.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: