CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Bueu

01/05/2016 15:30 h

“Ribeiras de Salitre” recala este domingo en Bueu, na ría de Pontevedra, un dos portos de maior actividade pesqueira do Morrazo. Un total de 250 mariñeiros están inscritos na súa confraría, traballando as artes da nasa, as redes de enmalle, o cerco e tamén dedicándose ao percebe, que, xunto co polbo que se colle nas augas da illa de Ons, é unha das especies máis vendidas.
Din os veciños de Bueu que contan con mellor polbo do mundo. Silvia Gil, que a pesar da súa xuventude leva anos preparando este manxar, amosaralles aos espectadores da Televisión de Galicia como cociñalo e, ao equipo do programa que presenta X. H. Rivadulla, como sabe. O espazo da Televisión de Galicia tamén acompañará a Fran Rosas na súa xornada de pesca pola ría de Pontevedra.

Atopar capítulo por: