CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 9: Bruxelas

26/08/2010 22:23 h

O programa "Galegos no mundo" continúa esta semana na súa busca de galegos polos recunchos do planeta e estará hoxe presente en Bruxelas, sede da Comisión Europea, do Consello de Europa e do Parlamento e, polo tanto, oficiosamente, a capital da Europa Comunitaria.

Un paseo pola capital belga permitirá aos espectadores gozar de marabillas arquitectónicas como a Grand Place, descubrir recantos onde os sorprenderán estatuas como a do Meneken Pis e tamén saborear as pequenas delicias gastronómicas da cidade, como o chocolate, a cervexa ou os mexillóns.

Da man de Juan Oliver, xornalista coruñés, coñecerán a complexidade política de Bélxica. Subirán á Basilique, que ofrece as mellores vistas da cidade, descubrirán a capela de Nosa Señora de Fisterra e outras formas de comer os mexillóns na chamada rúa dos carniceiros. Con Ana Miranda, que ten una filla xa nacida en Bruxelas hai sete anos, os espectadores descubrirán como pode conciliar a súa apurada vida laboral no Parlamento Europeo coa da súa filla.

Outras testemuñas no programa desta noite serán o intérprete coruñés Andrés Barreiro, que comezou a traballar hai dez anos para o Servizo de Interpretación no Parlamento, antes de pasar á Comisión; e o de Xavier Queipo, biólogo, médico, escritor e administrativo comunitario, que presenta o seu último libro "Cartas marcadas".

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: