CRTVG

Buscar

Malo será!

“Breogán, somos nós”, desde o Auditorio Gustavo Freire de Lugo

06/09/2018 22:30 h

Aquí, ao elenco habitual de actores que lidera Lucía Regueiro, acompáñano algúns actores e actrices que repiten experiencia, como Eva Iglesias e Marita Martínez; e outros como Santi Romay e Carmen Méndez, que se estrean nesta aventura. Tamén estarán Pedro Brandariz, Cristina Andrade, Martín Espantoso e Duarte Galbán. 
Este xoves, os espectadores serán testemuñas nun exame de veterinaria moi difícil de aprobar, asistirán a unha conversa telefónica que todas as persoas seguro que tiveron algunha vez e coñecerán tamén como sería a vida dun home se puidese escoitar o que pensan as mulleres.

Historias representadas:

"Na fronte de batalla"

"Exame de veterinaria"

"Terapia de grupo"

"Na parada de bus"

"Póñase na cola"

"O que pensan as mulleres"

"Ollo por ollo"

"Academia Galega de Investigación"

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: