CRTVG

Buscar

Alalá

Brasil V: Río de Janeiro

10/11/2009 22:05 h

Río de Xaneiro é a cidade tropical por excelencia. Considerada como unha das máis fermosas de América e do mundo, foi capital de Brasil e na época colonial a única cidade de América que foi sé dun imperio europeo, o Portugués. Pero a tropicalidade de Río de Xaneiro non só se mide no clima: Río é alegría, sensualidade, provocación, paixón e contraste, porque ó lado do Río maravilloso convive o Río do caos, da miseria e das favelas.

Os galegos que chegaron a Río amoldáronse ben, son alegres e festeiros, pero na vida traballaron moito e duro, case todos no comercio e na hostelaría. Na casa de España en Río fixeron a súa pequena Galicia, á que viaxan a través das notas do punteiro cada vez que se xuntan para facer unha comida ou algún curso de galego, pandeireta ou como non, de gaita.

Existen gaiteiros novos en Río? Chamarse William Monroe, vivir nunha “floresta” que é algo así como a selva brasileira, non casa moi ben coa gaita, pero esta noite veremos como William Monroe é un dos mellores gaiteiros que temos en Brasil e ademáis toca ao xeito tradicional galego que dominan moi poucos gaiteiros incluso daquí: William toca en pechado. 

William non naceu en Galicia, pero grazas á súa nai Mercedes, e a súa avoa herdou un profundo sentimento cara o galego. Na emigración a gaita foi un sustento emocional para todos aqueles emigrantes que cando chegaron aquí eran pouco máis que nenos. Por sorte, o xerme da nosa música prendeu en William, brasileiro de nacemento e galego de corazón.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: