CRTVG

Buscar

Alalá

Brasil III: José María Lagares

05/05/2009 22:05 h

José María Lagares  naceu en Santaia de Moar, en Frades, pero nos anos 50 tivo que emigrar para Brasil. Chegou a Sao Paulo onde traballou como cobrador do tranvía e  camareiro, pero a base de esforzo e axuda da familia, abriu un restaurante que rápido  gañaría sona en Sao Paulo, porque Zé Lagares acompañaba os pratos e as comidas con  muiñeiras e xotas que aprendeu en Ordes. Así foi gañando a vida e criando aos dous fillos que tivo xunto a unha terceira filla adoptiva de orixe brasileiro.

O irmán de “Zé Lagares” chamábase Ricardo. Se “Zé” era o gaiteiro da familia, Ricardo foi  o birindeiro. Nos videos das xuntanzas que facían na casa cando “Zé” ía pasar as  vacacións a Galicia, dán gañas de sentarse con eles.  Ricardo foi quen compuxo a  canción de “Manuel do Campo”, un orgullo para toda a familia Lagares porque dende que a inventou Ricardo, cántase por todo Galicia e ao parecer, tamén por Brasil.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: