CRTVG

Buscar

Alalá

Brasil II: Sao Paulo

31/03/2009 22:05 h

Sao Paulo é un dos centros financieiros do mundo. A cidade máis rica de América do Sur e a cidade de Brasil onde máis galegos chegaron dende mediadios do século XIX. Nos anos trinta o goberno comezou a restrinxir a chegada de emigrantes e a regularizar a situación dos que xa estaban alí. Xusto nun momento no que moitos españois e galegos escapaban da guerra civil Española. Naquel tempo en Brasil, case a metade (42%) dos procesos de expulsión de emigrantes eran de galegos e españois que vivían en Sao Paulo. Moitos galegos sentíronse humillados e reemigraron a Arxentina, pero outros voltaron a Galicia. 

Esta situación que se deu en Brasil hai 70 anos, parece que volve a tomar forma co fenómeno migratorio en Europa na actualidade. Neste programa veremos o lado máis duro da emigración dos galegos a Brasil e de paso, seguro que nos sirve de reflexión sobre os inmigrantes que na actualidade veñen a Galicia tamén nun contexto de crise...

Por suposto, todo a través da música con gaiteiros como Fernando Daparte e a súa familia e os amigos do Centro Galego de Sao Paulo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: