CRTVG

Buscar

Alalá

Brasil I: Salvador de Bahía

24/03/2009 22:05 h

Salvador de Bahía é a primeira cidade de Brasil da que se namorou o primeiro colono portugués Tomé de Souza. Foi terra de esclavos e curiosamente chámanlle a Bahía a terra da alegría. Economía próspera a principios do século XX que chamou a moitos galegos. 

Dende mediados do século XIX, chegaron alá milleros de emigrantes galegos do ambito rural. En Salvador atopábanse nun lugar cheo de culturas e mestizaxe coma o mesmo barrio do Pelourinho no que comeza este programa. En Salvador de Bahía os galegos traballaron codo con codo cos descendentes de escravos africanos, con indios da Amazonia que se incorporaban ás cidades en busca de traballo, con portugueses fillos dos primeiros colonos... E neste caldo de culturas os galegos adoitaron a fórmula da agrupación familiar.

Neste programa falaremos con varias agrupacións. Amigos que mantiveron a música galega en Salvador de Bahía coma Manuel Cima e a súa familia ou Los Caballeros de Santiago.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: