CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Bótalle ovos... e patacas!

21/10/2017 15:45 h

“Vivir Aquí” dedícalle o programa á tortilla de patacas.

Cadaquén ten as súas preferencias e, para probalas, Galicia é territorio entregado a este prato, que se pode facer de mil maneiras: con moita sona e tradición, de récord Guinness e ata con empanada.
Baixo o título “Bótalle ovos... e patacas”, fala dos que se consideran os mellores ingredientes para este prato: ovos de galiña de Mos e patacas de Xinzo de Limia. 

O equipo de reporteiros e reporteiras visita os lugares máis famosos onde comer tortilla, como Carcacía, Laro, Cacheiras e Betanzos, toda unha vila entregada a facer bandeira deste petisco, mesmo conta cunha semana dedicada a el e do que din que a clave está na calidade dos compoñentes.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: