CRTVG

Buscar

Que casas!

Boiro, Abegondo, Mugardos e San Amaro

27/09/2017 23:45 h

O programa “Que Casas!” da Televisión de Galicia amosaralles hoxe aos espectadores unha casa que, pese a non ser modular, foi construída en menos de dúas semanas cun innovador sistema. Ademais, os reporteiros do programa coñecerán o descendente dunha importante saga familiar que coida con agarimo dunha casa que foi moi importante para os seus devanceiros. 
As cámaras tamén gravarán a vivenda dunha rapaza que ten un impoñente xardín cunha grella para facer churrasco e outro anfitrión que, inspirado pola paz da aldea na que está situada, mercou unha fantástica vivenda. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: