CRTVG

Buscar

Galicia bonita

Boiro

29/04/2019 22:15 h

O equipo do Galicia Bonita inicia a súa aventura na localidade de Exipto, en Boiro. Só contan con 5 días para amañar a desfeita que teñen montada tres irmás na súa casa, onde o ladrillo e o cemento reinan na estética visual. Todo un desafío que deberán afrontar cun orzamento limitado e onde os atrasos nas obras poden ser letais.

Estas son as reformas e prezos das obras:

  • Cuberta con tella e cerámica curva en vivenda: 2.600 euros
  • Repicado e encintado da fachada principal: 1.900 euros
  • Xanelas novas de madeira: 500 euros
  • Pintura de fachadas traseiras e peches da leira: 750 euros
  • Pintura do hórreo: 250 euros
  • Pintado e penalado en madeira do pendello: 1.500 euros
  • Malla de breixo: 200 Euros
  • Restauración dos arados e prensa: 200 euros
  • Limpeza e organización da leira: 400 euros
  • Xestión de residuos: 200 euros

Custos 'Faino ti':

  •  Cuberta con tella e cerámica curva en vivenda: 1.200 euros
  • Repicado e encintado da fachada principal: 500 euros
  • Xanelas novas de madeira: 200 euros
  • Pintura de fachadas traseiras e peches da leira: 200 euros
  • Pintura do hórreo: 50 euros
  • Pintado e penalado en madeira do pendello: 650 euros
  • Malla de breixo: 100 euros
  • Restauración dos arados e prensa: 40 euros
  • Limpeza e organización da leira: 100 euros
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: