CRTVG

Buscar

Documental

Benposta, soño e realidade

11/06/2020 23:30 h

O documental reconstrue a historia de Benposta, a cidade habitada e gobernada por nenos que o sacerdote revolucionario Jesús Silva fundou nos anos 60 nas aforas de Ourense, un lugar que se converteu por dereito propoio no único enclave democrático da España franquista, atraendo a máis de 30.000 mozos de todo o mundo.

Trátase dun relato narrado polos seus propios personaxes, que mostra a historia da orixe e caída dun proxecto educativo innovador que levou polo mundo un circo de nenos ao que asistiron 200 millóns de espectadores.

O pequeno estado "independente" que se erguía no Seixalbo era o epicentro dun proxecto pedagóxico que deu a volta ao mundo: A Nación dos Muchachos. Benposta era unha desas poucas utopías que cobran forma, o soño dun cura marxista, o Padre Silva, por axudar aos nenos desfavorecidos. 

Atopar capítulo por: