CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Beiro, Cerdido e Campos

07/02/2018 23:30 h

Santa Baia de Beiro, unha parroquia do concello de Ourense. Esta vila é unha terra de muíños e de pan caseiro en que tamén se visitará un templo románico dos mellores conservados de Galicia.
Cerdido, situado na comarca coruñesa de Ortegal, será o seguinte destino do presente programa. Atópase na transición entre as altas serras de Forgoselo e Faladoira e o val de San Sadurniño.
Por último, no día de hoxe coñecerase Campos, unha parroquia do concello de Melide. Un lugar coa gastronomía coma sinal de identidade. Esta terra acolledora fai o seu propio queixo, cultiva con xeito e cariño boas cabazas e traballa en sociedade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: