CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Bastiagueiro, Rodas e Coto

20/08/2017 23:45 h

Comeza unha nova edición de “Aquí Hai Praia” desde unha das praias máis recoñecidas non só polos galegos, senón incluso a nivel internacional, como é a de Bastiagueiro, en Oleiros. Ideal para a práctica do surf e o windsurf ao ser rectilínea con ondada e ventosidade moderada, atópase nun ámbito semiurbano. Grande, con moitos servizos arredor e moito aparcamento. 
Pero a praia galega máis internacional, sen dúbida, é a de Rodas, nas illas Cíes. Escollida como o mellor areal do mundo polo diario británico The Guardian, en canto se coñece se comprende o porque: máis dun quilómetro de longo e 60 m de ancho arroupan un areal impresionante, ideal para pasar o día en familia.
E finalmente, en Lugo pasarase a praias centradas na actividade e os deportes acuáticos, como o areal de Coto, en Barreiros. Situada na Mariña lucense, onde como curiosidade ían bañarse as mulleres como praia exclusiva para elas, entre os anos 1920 e 1930.

Atopar capítulo por: