Bamboleo
Con Tamara e Astarot
02/09/2023 22:30 h
'Bamboleo', o espazo de entretemento dos sábados pola noite na TVG, regresa esta noite con Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. Os dous presentadores contan coa visita dunha artista sevillana cunha voz prodixiosa: Tamara. Tamén están en 'Bamboleo' o grupo Astarot e a orquestra Los Players, que fan unha noite de festa inigualable. Na "Jrileira" compiten catro comisións de festas: Sande na Capela, a virxe do Carme de Catasós en Lalín, Laraxe en Cabanas e O Freixo en Outes. Ademais, están Os Príncipes da Bachata, Alfredo e Andrea, que fan dúas exhibicións de baile, e o furacán de Arca, Isi, que volve cun novo e entretido conto.