CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con David Civera, Merche e Isi

28/03/2020 22:00 h

Índice de contidos

00:30 Presentación
05:59 Baile con Jandro e Magali
08:22 Piñeiro fala con Noli e Alba de Los Satélites
13:07 Orquestra Los Satélites 'Caliente'
19:25 Piñeiro fai conexión con David Civera
25:12 David Civera 'Medley'
29:47 Xogo con Isi cantando e Claudio adiviñando
40:42 Baile con Adrián Olmo e Yana Olina
44:30 Conexión con Miguel Caldas da Orquestra Solara
49:38 Orquestra Solara 'Electro 2018'
55:26 Piñeiro fai conexión con Merche
01:07:35 Merche canta 'Cal y arena' 
01:12:58 Conexión cos Irmáns Romero 
01:18:40 'A Jrileira' cos irmáns Romero
01:32:40 Orquestra Cinema 'Corre, corre'
01:37:23 Isi conta batalliñas
01:42:36 A ITV do amor
02:10:41 Merche canta 'Te lo mereces' 

Bamboleo adáptase á situación e fai un especial de máis de dúas horas de duración cun eixe único: o divertimento en tempos de crise. Con música, con humor e conexións vía telefónica, Skype, etc. Xosé Manuel Piñeiro estará á fronte dun fantástico equipo de colaboradores: Tamara, Damián, Claudio e o terremoto da Estrada: o grandísimo Isi. Conectarase coas cabezas visibles dalgunhas das orquestras máis emblemáticas de Galicia como son Los Satélites, Sola e Cinema. Con eles xogarase, farase historia e comentaranse anécdotas que ata estes días parecían insuperables.

Así mesmo, artistas de primeira liña, como David Civera ou Merche, compartirán con Bamboleo as súas últimas vivencias e xogarán os xogos máis divertidos do programa. Non faltará neste Bamboleo a sección máis sexy, "A ITV do amor". Será amor entre distancias de seguridade e bicos virtuais, pero seguro que moi divertido.

Atopar capítulo por: