CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Dama e Diego Martín

15/02/2020 22:00 h

Índice de contidos

00:24 Presentación de Xosé Luís Piñeiro, esta noite con Dama e Diego Martín
04:28 Noelia e Pedro bailan bachata
10:13 Orquestra Olympus, 'Que bonito'
16:57 'Agora ou nunca': Bea González, 'Capote de grana y oro' e José Manuel Ordóñez, 'Caballo viejo'
35:56 Diego Martín, 'Te extraño'
41:57 Xogamos ao 'Sobes ou baixas?' con Dama e Diego Martín
59:14 Dama, 'El canto de la sirena'
01:05:25 Noelia e Pedro bailan bachata
01:09:08 Orquestra Olympus, 'Señorita'
01:13:20 Charlamos con Dama e Diego Martín
01:21:45 Claudio pon a proba os nosos convidados Dama e Diego Martín
01:30:55 Dama, 'Amor de verdad'
01:35:40 'A Jrileira' coas Comisións de festas de Santo Antonio de Penavaquera en Melón, e de Santa Eulalia de Donas en Gondomar
01:50:45 Orquestra Olympusm 'Somos Olympus Red Tour'
01:54:28 'A ITV do amor'
02:16:38 Diego Martín, 'Adiós, mon amour'

Bamboleo estrea este sábado pola noite as últimas creacións de dous interesantes artistas nacionais. Trátase de Diego Martín e Dama, que acompañarán a Xose Manuel Piñeiro nunha noite chea de xogos, música e diversión.

“Te extraño” é a nova composición que o cantante e compositor murciano Diego Martín sacou ao mercado, un tema co que esta noite abrirá a súa participación en Bamboleo. Escoitaremos tamén outro dos seus éxitos: “Adiós, mon amour”, unha canción que ocupou o top 40 das máis radiadas en España durante 20 semanas.

Despois de converterse en referente da música latina, a artista sevillana Dama visita Bamboleo para interpretar “El canto de sirena”, unha adaptación do tema do grupo galego Los Limones, e “Amor de verdad”, o seu último single, unha bachata que saíu ao mercado o 10 de xaneiro.

Atopar capítulo por: