CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Susana Seivane e Sabela Ramil

03/04/2021 22:00 h

Índice de contidos

00:00 Susana Seivane e Sabela Ramil
05:15 Baile con Fátima e Edu
11:24 Orquestra Los Satélites, 'Linda Carmiña'
20:34 'Agora ou nunca' con Iria Lorenzo, 'Hijo de la luna', e Pila Añón, 'Chega de Saudade'
38:01 Susana Seivane, 'Popurrí'
45:58 'Sobes ou baixas?' con Susana Seivane
01:04:20 Sabela Ramil,'Nazco yo'
01:10:44 Baile con Fátima e Edu
01:16:37 Orquestra Los Satélites, 'No te atrevas a olvidarme'
01:21:49 Monólogo de Isi
01:29:53 Falamos con Susana Seivane e Sabela Ramil
01:24:30 Claudio pon a proba as nosas convidadas, Susana Seivane e Sabela Ramil
01:44:43 Susana Seivane, 'Quinteiro'
01:49:27 'A Jrileira' cos clubes: Clube Atletismo Narón e a Sociedade Deportiva Monterroso
02:04:26 Orquestra Los Satélites, 'Por los caminos de la vida'
02:08:20 'A ITV do amor'
02:27:09 Sabela Ramil, 'Despedida'

Televisión de Galicia emite esta noite unha nova edición de Bamboleo. Xosé Manuel Piñero contará con dúas figuras destacadas no panorama musical galego: Sabela Ramil e Susana Seivane, dúas artistas que destacan polas súas creacións e a súa contribución ao panorama musical do país. Así mesmo visitará o plató do Bamboleo a emblemática orquestra Los Satélites, que traerá ao plató o mellor da verbena galega. Os colaboradores do programa Claudio Pan, Tamara Pérez, Javier Varela e Damián Cortés poñerán un extra de humor no programa; que contará ademais coas historias máis divertidas de Isi. Sabela Ramil, participante e finalista dun famoso ‘talent’ musical presentará o seu primeiro traballo discográfico “Despedida”. Nel, a cantante de As Pontes espreme a forza e a dozura da súa voz acompañándoa de gran variedade de sons. Susana Seivane, unha das gaiteiras galegas con máis recoñecemento nacional e internacional acaba de publicar “Dende o meu balcón”, un traballo que fixo durante o confinamento e que xa é o sexto disco de estudio. Susana interpretará no escenario de Bamboleo un ‘popurrí’ de temas tradicionais, e unha versión nova de “Quinteiro”. No ‘Agora ou Nunca’ estarán Iria Lorenzo e Pila Añón, que cantarán os temas “Hijo de la luna” na versión de Stravaganza e “Chega de Saudade” unha bossa nova de Tom Jobim. Na sección de baile profesional, Edu e Fátima, campionísimos do baile deportivo en España, ofrecerán dúas exhibicións de baile. Na ‘Jrileira’, o karaoke para entidades deportivas, participarán Telmo polo Club Atletismo Narón e Paquito pola Sociedade Deportiva Monterroso cantando “Ay, Jalisco, no te rajes” e adiviñando intérpretes. A ‘ITV do amor’ porá a proba a Iria e a súa parella que farán todo o posible por conseguir despistar un participante do público para facerse co premio que hai en xogo.

Atopar capítulo por: