CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Andrés Suárez e Marta Soto

12/09/2020 22:00 h

Índice de contidos

00:20 Presentación. Visítannos Marta Soto e Andrés Suárez
05:12 Bailan Mónica e Erik
12:01 Merchy Treviño e a súa Big Band, 'Non me vou sen bailar'
19:02 'Agora ou nunca' con Agus Guzmán '24 Milabaci' e Juan Carlos Pérez 'Bailar pegados'
36:50 Marta Soto, 'Quiero verte'
43:49 'Sobes ou baixas?' con Marta Soto e Andrés Suárez
01:00:30 Andrés Suárez,'Despiértame'
01:08:51 Bailan Mónica e Erik
01:15:10 Merchy Treviño e a súa Big Band, 'All of me'
01:18:20 Monólogo de Isi
01:25:41 Falamos con Marta Soto e Andrés Suárez
01:31:44 Claudio pon a proba os nosos convidados, Marta Soto e Andrés Suárez
01:44:29 Marta Soto, 'Podrás contar conmigo'
01:48:40 'A Jrileira' co Club de Balonmán As Choqueiras de Redondela e a Sociedade Cultural Deportiva de Ponte Caldelas
02:01:59 Merchy Treviño e a súa Big Band, 'Tu vuo' fa l'americano'
02:05:20 'A ITV do amor'
02:26:24 Andrés Suárez, 'No diré'

‘Bamboleo’, o espazo que Xosé Manuel Piñeiro presenta cada sábado pola noite, contará nesta ocasión coa visita de dous artistas que triunfan panorama musical actual e os dous teñen un gran talento. Son Marta Soto e Andrés Suárez. O cantautor galego pasou de tocar no metro hai 10 anos a encher teatros e pavillóns; agora presenta novo disco, este é o oitavo traballo do ferrolán, con título homónimo ‘Andrés Suárez’. Marta Soto visita o programa cargada de novidades, unha delas, un novo sinxelo titulado “Podrás contar conmigo”. Este tema, composto pola artista onubense durante o confinamento, será un dos que interpretará a artista entre outros. Os dous cantantes participarán así mesmo nas seccións con máis chicha do programa, como son as que lles teñen preparadas Tamara Pérez e Claudio Pan. Merchy Treviño e a súa Big Band vístense de gala para a súa novidosa estrea en Bamboleo. Esta sorprendente formación, composta por fantásticos músicos de verbena e con gran presenza de metais, busca un modo de actualizarse e capear o temporal. No ‘Dirtidansi’ veremos a destreza nos bailes latinos da parella de bailaríns profesionais formada por Erik e Mónika, que fan parada en Bamboleo despois de percorrer todo o mundo coas súas exhibicións. No ‘Agora ou Nunca’ Agus Guzmán e Juan Carlos Pérez subirán ao escenario para interpretar dous temas ben curiosos: “24 Mila Baci” de Adriano Celentano e unha versión moi rockeira do “Bailar Pegados” de Sergio Dalma. Dous clubs deportivos xogarán na ‘Jrileira’, serán o Club de Balonmán As Choqueiras de Redondela e a Sociedade Cultural Deportiva de Ponte Caldelas, que estarán representados por Déborah e Pedro, respectivamente. A ver quen entoa mellor e, a continuación, a ver cal dos dous equipos adiviña maior número de intérpretes en minuto e medio. Isi convidará o persoal a botar unhas risas cos seus contos, mentres que na ‘ITV Do Amor’, ademais de rir, tocará xogar: un concursante do público terá que adiviñar cal é das tres posibles é a parella dunha persoa a partir das respostas dos participantes.

Atopar capítulo por: