CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Georgina e Xil Ríos

22/08/2020 22:00 h

Índice de contidos

01:15 Visítannos Georgina e Xil Ríos
05:00 Baile con Rocío e Ígor
10:00 Orquestra La Ocaband, 'Ven a bailar'
20:18 'Agora ou nunca' con Cristina Moledo, ‘Pasodobre galego’ e Keli Veloso, ‘Amar es algo más’
37:36 Georgina, 'Después de tu adiós'
44:15 'Sobes ou baixas?' con Georgina e Xil Ríos
01:03:50 Xil Ríos,'Engaiolar'
01:09:45 Baile con Rocío e Ígor
01:15:40 Orquestra La Ocaband, 'Un millón de amigos'
01:20:05 Falamos con Georgina
01:25:40 Claudio pon a proba a Georgina
01:32:55 Xil Ríos,'Manuela'
01:38:39 'A Jrileira' co Vea Club de Fútbol da Estrada e o Club de Tenis de Mesa de Monte Porreiro
01:51:38 Orquestra La Ocaband, 'Fuerte tienes que empujar'
01:55:50 'A ITV do amor'
02:14:20 Georgina, 'Bienvenido a mi habitación'

A festa do Bamboleo acode esta noite á súa cita semanal. Xosé Manuel Piñeiro contará coa presenza de dous artistas consagrados: Georgina e Xil Ríos, que presentarán as súas novidades musicais. Completarán a festa os colaboradores habituais: Tamara Pérez, Damián Cortés, Claudio Pan e Javi Varela. “Bienvenido a mi habitación” é o nome do último disco da cantante venezolana Georgina, que interpretará en Bamboleo algúns dos temas que o compoñen. Ademais, participará nos xogos do programa e contaranos as novidades máis recentes. Subirá tamén ao escenario do Bamboleo o gran Xil Ríos, auténtica lenda viva da música galega, quen contará algunas das súas aventuras sobre os escenarios e interpretará as súas últimas composicións: ‘Engaiolar’ e ‘Manuela’. Ademais de facer bailar no sitio ao persoal e de comentar a súa singular alternativa á verbena tradicional, a orquestra La Ocaband estará en Bamboleo presentando o seu último traballo: unha canción que se fixo viral en redes “Fuerte tienes que empujar”. No ‘Dirtidansi’, os espectadores poderán gozar dunha espectacular exhibición de danza e acrobacias a cargo de dous campionísimos: Ígor e Rocío. No ‘Agora ou Nunca’ entrearanse cantando na tele Cristina Moledo e Keli Veloso. Os dous amosarán o seu talento con dous clásicos: ‘Pasodobre galego’ de Pili Pampín e ‘Amar es algo más’ de José Luís Rodríguez El Puma. O karaoke de ‘A Jrileira’ porá a proba a Lilo e a Noelia do Vea Club de Fútbol da Estrada e do Club de Tenis de Mesa de Monte Porreiro, respectivamente. Cantarán “Adrenalina” de Jennifer López, Wisin e Ricky Martin e a continuación terán que adiviñar intérpretes. Coa ‘ITV do Amor’ chegará a sección das preguntas quentes: nela Goretti e a súa parella farán todo o posible por confundir un participante de público para conseguir levar eles o premio.

Atopar capítulo por: