Documental
Baixo a pandemia
Documental sobre a crise sanitaria que establecerá unha cronoloxía dos feitos, desde que se comezou a falar do virus, os inicios dos contaxios e a declaración do estado de alarma, amosando como se viviu a situación en Galicia e como foi o esforzo colectivo para facerlle fronte.
Dirixido por Mercedes García-Nieto e producido por M International Audiovisual, o documental foi realizado desde unha visión intimista e personalizada en varios casos reais, empregando como fío argumental testemuños de galegos e galegas.
A través destes casos contarase o momento histórico que se viviu no mundo enteiro, colocando o acento en Galicia. 18 galegos, entre eles os traballadores da sanidade, persoas infectadas polo virus, familiares de seres queridos falecidos, xentes do mar e da terra, os que coidaron dos nosos maiores e tamén os que animaron nas nosas fiestras nestes momentos tan estraños, serán o relato.