CRTVG

Buscar

Luar

Azúcar Moreno, Serafín Zubiri, MJ Pérez e Álex Millet

27/04/2018 22:00 h

Azúcar Moreno, o dúo integrando polas irmás Salazar, Toñi e Encarna, vén ao Luar para  cantar temas como “Mambo tequila” e “No me des guerra”. Serafín Zubiri, actualmente inmerso nun novo proxecto que recupera a música dos 70, interpreta algúns dos seus temas clásicos. Ademais, xunto á Banda de Música Santiago de Arteixo, ofrece unha pequena mostra do seu espectáculo “Recordando a Nino Bravo”.

Outra convidada no Luar é a artista de Arzúa MJ Pérez, que, despois de dous álbumes ao vivo debuta no estudio co disco “Casandra”, que supón un xiro na súa carreira, cunha maior variedade de ritmos e estilos e con toques latinos. Ademais, o cantante ribeirense Álex Millet presenta o seu primeiro traballo discográfico, titulado “Experiencias”.

Tamén podemos ver Neonymus, o singular proxecto musical de Silberius de Uran, onde fusiona a súa persoal voz cunha entretida combinación de tecnoloxía e instrumentos insólitos. A proposta musical complétase coas actuacións da cantante Sabela, da orquestra Costa Dorada, da Escola de Música e Baile Tradicional de Santa Comba e das agrupacións de música tradicional Abeleiras, A Misela e Pousos da Area.

No “Vai de Baile” compiten os dúos Rexubeiros da Beiramar e Firmenus Melitonus, mentres que en “Recantos” é a quenda de Lucía Aral, procedente de Ourense Sur, e O Chylava, representante da comarca Terras do Eume.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: