CRTVG

Buscar

Luz verde

Avellentamento do parque móbil

08/07/2017 20:30 h

O programa fala do avellentamento que sufriu o parque móbil en España nos últimos anos, motivado en boa medida pola crise, unha tendencia que xoga en contra da seguridade viaria. A media de idade dos vehículos accidentados no último ano superaba os 10 anos, cifra a partir da cal un coche se considera vello. As eivas en seguridade e o pouco axeitado mantemento causan a maioría de problemas relacionados con este tema.
Cambiar de coche non está ao alcance de todos os condutores e moitas veces son os máis novos os que conducen vehículos de maior antigüidade. Un pai decide legarlle o seu coche vello á súa filla, aínda inexperta ao volante. Tras facerlle unha posta a punto dálle a sorpresa, non moi do agrado da rapaza. Pero o pai esquece que nun coche vello é aínda máis importante que todos os elementos de seguridade funcionen á perfección. O regalo acaba por ser o peor agasallo que podía recibir a moza.
O tenente coronel Francisco Javier Molano e a responsable de tráfico de Galicia, Mª Victoria Gómez Dobarro, dan conta das cifras de accidentes e dos perigos que constitúen os vehículos vellos na estrada. O garda civil Héctor Teixeira e os axentes Ángel Rego e Ricardo Araújo explican a normativa e as recomendacións que se deben seguir respecto da antigüidade dos vehículos, ademais de alertar sobre os riscos de manter un coche vello. Pola súa parte, Eva Muíño falará das dificultades, moitas veces relacionadas co medo ao cambio, que existen para que un condutor actualice o seu vehículo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: