CRTVG

Buscar

Carteleira G

A Atlántida

18/06/2020 14:00 h

Victoria acaba de recibir a nova de que lle queda pouco tempo de vida e súa preocupación é arranxar o futuro do seu fillo adolescente Mauro. Despois de moitos anos de non querer saber de Salinas, o seu exmarido e pai de Mauro, Victoria contacta con él para vender a casa que teñen en común, "A Atlántida", e asegurar o futuro do seu fillo.

Salinas, coñecido músico que vive nesta casa situada en Galicia, négase a pesar de ter problemas económicos e suxire que Mauro vaia vivir con él. Victoria non se fía, con razón, pois Salinas só quere aproveitarse do seu fillo. Salinas inicia furtivamente un acercamento a Mauro. Victoria xa non pode agochar máis a seu fillo o seu estado de saúde, pero Mauro sente terror ante isto que o desconcerta e refúxiase na protección do seu pai, e as relacións con súa nai vanse deteriorando. Mauro, ás agachadas de súa nai, acode na Coruña ao concerto de seu pai e alí descobre as súas mentiras.

Atopar capítulo por: