Onde vai a xente
Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas
O equipo do programa “Onde Vai a Xente” viaxará esta semana á praia do Adro, en Bouzas, onde desde hai décadas un grupo de mariñeiros profesionais, de recreo e xubilados realizaban actividades mariñeiras, deportivas e de lecer de xeito individual, ata que decidiron organizarse e fundar a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas.
Esta organización sen ánimo de lucro ten como ocupación principal os tres concursos de pesca que poñen en marcha anualmente, ademais de regatas de gamelas e faluchos, un concerto de corais de cancións mariñeiras e excursións culturais a lugares con tradición mariñeira. Tamén participan na maioría dos encontros de embarcacións tradicionais do sur de Galicia e norte de Portugal.
No seu afán de que a cultura marítima tradicional non caia no esquecemento, a asociación recuperou diversas embarcacións tradicionais para que as xeracións máis novas saiban cales foron as orixes da pesca tradicional galega.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí