Cos pés na terra
As hortas de José Ramón / A casa da terra / A galiña de Mos
13/03/2013
José Ramón ten ducias de hortas dispoñibles para alugar. Unha parcela xa a están a explotar os rapaces da Asociación Dignidade, uns auténticos expertos en cultivos de envergadura.
Con Santi, visitamos a “Casa da Terra”, coñecemos todos os recunchos da aldea de Portocarreiro e asistimos a un curso de relaxación cos sons do gong.
Sabemos máis da galiña de Mos, á vez que, coa axuda de Luís e Mari Luz, descubrimos a posibilidade de recuperar razas autóctonas e gozar da familia ao mesmo tempo.