CRTVG

Buscar

Vaia troula

As festas do Corpus

02/06/2013 22:30 h

Atención especial á celebración do tradicional Corpus en distintas localidades galegas. Así, a presentadora dálle a benvida á audiencia desde o Corpus Christi de Redondela, pero tamén se ve como se vive esta festa en Ponteareas, Ares, Viveiro, Brión e Porto do Son. 

 O programa tampouco se quere perder O Boi de Allariz, festa declarada de Interese Turístico de Galicia e moi coñecida, como tamén o é a XLI Festa do Viño Tinto do Salnés, en Ribadumia. Seguindo coas festas gastronómicas, “Vaia Troula”  xanta empanada nas festas de Santa Rita de Casia e San Isidro Labrego, na parroquia pontevedresa de Salcedo, entre outras propostas da presente edición.

 A Charleston Big Band ponlle música a tanta festa que propón “Vaia Troula”.

Atopar capítulo por: