Momentos G
As compras de proximidade, unha obriga social nesta época
20/12/2020 15:35 h
Non hai dúbida de que a repercusión fundamental desta, e de calquera pandemia, pasa pola saúde, pero nun segundo termo as consecuencias económicas son, xa levamos meses comprobándoo, devastadoras en moitos casos.
Hai sectores máis afectados ca outros, un deles é o comercio local, o de proximidade. Así que ante a chegada do Nadal queremos contribuír a apoiar as compras nesas tendas que temos máis preto de nós.
Falamos con Delmiro Prieto, secretario e voceiro da Fundación de Comerciantes Santiago Centro.