CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Programa 463: As colleitas de outono

10/11/2018 15:15 h

'Vivir aquí' achegarase hoxe aos produtos típicos do outono, tanto da terra coma do mar, que condicionan gran parte da actividade produtiva e mesmo de ocio da nosa terra. 
Trátase de materias primas moi vinculadas á nosa cultura e con gran transcendencia económica, como é o caso da castaña, da que se estima que unhas 10.000 persoas as collen cada outono na nosa terra e sobre a que hai 149 produtores profesionais rexistrados na Indicación Xeográfica da Castaña de Galicia. 

O seguinte produto do que falará 'Vivir aquí' é a mazá, xa que Galicia, cuxa colleita do ano pasado superou as 8 toneladas, é a principal produtora de mazá sidreira de España. En Chantada conversarase con encargados da recollida e con produtores, que en Galicia ascenden ao milleiro de persoas.

Seguindo coas producións da terra, o espazo proporá falar dos cogomelos desde o Campus de Vigo. Na nosa comunidade hai arredor de 50 especies de fungos comestibles e de boa calidade. 
Para rematar, o 'Vivir aquí' dará o salto ao mar do Grove para falar de marisco.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: