CRTVG

Buscar

Alalá

Arxentina (II)

12/05/2008 22:05 h

Como sentirán a música galega os netos daqueles galegos que emigraron á Arxentina hai anos?

Neste Alalá coñeceremos tres maneiras diferentes de interpretala: a de “Lembranzas da Terra”, un grupo de baile e música integrado por rapaces moi novos que seguen a liña máis tradicional e que aínda fan recollida para que non se perda o que lembran os máis vellos da colectividade galega; a de “Sete Netos”, que co nome xa o din todo e que son un dos grupos máis coñecidos do movemento celta que hai uns anos revolucionou a música galega na Arxentina; e a de Daniel Alejandro Pazos, o representante da figura do gaiteiro con maiúsculas, considerado o mellor gaiteiro novo do país.

Con eles veremos os diferentes xeitos nos que os descendentes dos emigrantes proxectan na música a mestura entre a súa natureza arxentina e as súas raíces galegas. Porque calcúlase que uns tres millóns de arxentinos son descendentes de galegos, o dez por cento da poboación do país, nin máis nin menos. Así que imaxinade a proxección que terá alí a nosa música.

E ademais da música, tamén saberemos de que maneira viven os máis novos o sentimento de pertenza a dúas terras. Seguirán sentindo morriña estes galegos nacidos na Arxentina?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: