CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Arranca o Festival de Cans / Juan Lesta

21/05/2015 21:00 h

              O programa céntrase no Festival de Cans, un certame que fixo popular esta parroquia porriñesa e que se converteu na cita anual co agroglamour para o audiovisual galego. Numerosos rostros coñecidos deixaranse ver durante estes días en Cans, entre eles José Luis Cuerda, Javier Gutiérrez, Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Daniel Guzmán ou Toni Lomba.

              19 curtametraxes de autores galegos e 20 vídeos musicais foron seleccionados para participar na sección oficial do concurso. “ZigZag Diario” analiza polo miúdo as distintas propostas da duodécima edición do Festival e fala tamén co seu director, Alfonso Pato, veciño desta aldea porriñesa, que está á fronte do certame desde os seus inicios.

              Os veciños de Cans son protagonistas activos no festival participando en producións audiovisuais, traballando en todas as facetas da organización e mesmo montando exposicións. Unha destas activas participantes no certame e Divina Campos, protagonista do documental “Divina Filmekeira”, do que se amosa un tráiler. Un dos seus directores, Juan Lesta, visita o estudio de gravación do programa para dar máis detalles deste filme en proceso de produción.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: