CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Aquí hai praia 11

02/10/2015 01:00 h

A primeira parada é na praia de Area da Cruz, no concello pontevedrés do Grove. Esta praia é coñecida polas xentes do lugar como Balea e consta dun total de 625 metros e, como non, galardoada co distintivo de bandeira azul. Os deportes náuticos son o “boom” neste areal, sobre todo a vela, xa que os ventos non bastante fortes nesta zona. 

Os ríos tamén teñen o seu pequeno recuncho marabilloso. Este é o caso da praia fluvial da Frexia, no concello pontevedrés de Ponteareas.

Outro recuncho paradisíaco pero desta volta na cidade, é a praia de Coira en Portosín. Areal de carácter urbano, con paseo marítimo, “chiringuitos”, servizos de vixilancia e moi boas conexións.

E finalmente, o percorrido polo paraíso de “Aquí hai praia” remata nas Rías Baixas. Máis concretamente nos areais de Montalvo, en Portonovo e na Praia de Areacova en Cangas. O areal de Montalvo está limitado polo miradoiro natural de Punta Montalvo e pola Punta Paxariñas. Ten bandeira azul e está arrodeado dun piñeiral para gozar un xantar caseiro. Por outra banda, Areacova está situada na ría de Aldán.

Atopar capítulo por: