CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Aquí Galicia Tour: Semana Cultural de Combarro

13/08/2018 18:00 h

O porto de Combarro, no concello pontevedrés de Poio, vive estes días a súa 35 Semana Cultural de Combarro. Enmarcada dentro de estas festas, celebran tamén a 24 Festa do Mexillón. No transcurso do programa, Lucía Rodríguez conversa con representantes da festa. Para coñecer a zona, un guía de Turismo fala dos atractivos da vila.

Un dos convidados é José Manuel Sartal, do Club de Kayak Combarro-Poio, que está acompañado por diversos deportistas que acaban de chegar dos Campionatos do Mundo. As últimas tendencias e propostas en moda veñen da man da deseñadora Virginia López, galardoada recentemente co Premio Amigos de Pontevedra. Amenizan o programa o grupo de baile tradicional Os Berberechiños e a cantante Cristina Dimadevilla, representante de Terras de Pontevedra no concurso ‘Recantos’ do programa “Luar”.

Nesta edición, o reporteiro Duarte Galbán está a pé de porto e entre o núcleo histórico artístico de Combarro para falar con canto visitante e turista se achegue por alí; Tania Veiras está, en directo, na apertura da Feira Medieval de Melide e Pepe Capelán ofrece reportaxes frescas e divertidos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: