CRTVG

Buscar

Aquí hai verán

Programa 2

26/07/2020 22:00 h

NO PROGRAMA DO 26 DE XULLO... As festas de Santa Xusta de Moraña tamén se celebraron neste 2020, un traballo incansable da comisión de festas fixo que esta cita fose unha realidade. No Aquí hai verán non nos quixemos perder esta cita e coller a orixe dos allos, a da auga milagreira e a tradición que enmarca a patroa da parroquia, Santa Xunta. Ademais estaremos no Terraceo no Auditorio Mar de Vigo. No Aquí hai verán asistiremos ao concerto de Amaral. Bo ambiente, boa música e un lugar espectacular foi o que nos deixou esta cita da que desfrutaron preto de 400 persoas. E como non podía ser doutro xeito no Aquí hai verán tamén estaremos presentes nas Festas do Apóstolo. Farémonos eco do desfrute dun día picheleiro nunha semana tan importante para a capital galega como a semana do Apóstolo. O día escollido para a nosa reportaxe foi o 23 de xullo, día do traxe, unha xornada tradicional onde as haxa dentro das Festas do Apóstolo. Ademais de coller o ambiente que no deixa esta cita destacada tamén fixemos un percorrido pola cidade, sobre todo a zona vella, co fin de captar o ambiente de Santiago nunha semana tan importante como a do Apóstolo. E como colofón final ademais de estar en Santiago en Aquí hai verán tamén queremos amosar que nas cidades do interior tamén hai verán, e tanto que o hai!!! E para isto estaremos no ambiente de viños por Ourense. Un lugar onde poderemos desfrutar dunha boa gastronomía, acompañada coa mellor maridaxe e tamén cun ambiente que nunca falla na cidade das Burgas. É dicir, como podedes ver, o que faremos no Aquí hai verán é plasmar a realidade que nos deixa esta época estival, a realidade nas festas populares, na cultura e no ambiente en diferentes lugares da nosa terra. Neste programa deixaremos claro, un domingo máis, que en Galicia este ano AQUÍ HAI VERÁN!!!

Atopar capítulo por: