CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Praia América, praia Grande de Miño e praia das Pasadas

31/08/2019 19:15 h

Aquí hai praia chega as últimas semanas de agosto con todos os praieiros gozando de todo o sol e do máximo esplendor do verán. Novamente, tres praias das tres provincias costeiras caracterizadas polo seu alto interese turístico. Comezamos polo sur, nas Rías Baixas achegarémonos a Praia América en Nigrán, un areal ideal para aquelas persoas que disfrutan paseando,pois ten una extensión de 1200 metros (ampliando o paseo se continuamos camiñando ata Panxón). Podemos gozar das comodidades e beneficios que ofrece una praia galardoada con bandeira azul dende 1990 e das múltiples actividades naúticas e de ocio que ofrece, amáis de contar con campings e apartamentos turísticos que fan que sexa visitada por persoas da múltiples lugares. Cara a norte, temos Praia Grande de Miño en Miño, municipio declarado de interese turístico. Estamos nun amplo areal de máis dun kilómetro de lonxitude, situado nun entorno urbán, que conta cunha área dourada e grosa e no que podemos disfrutar dun día tranquilo de praia ou practicar diversas actividades naúticas que se ofertan. E finalmente, en Lugo pasamos de praias de surf a praias máis recollidas e seguras. É o caso da Praia das Pasadas en Barreiros. Moi próxima a praias recoñecidas como Lóngara e As Catedrais, destaca por ter unha extensión ideal para pasear, recunchos máxicos en forma de rochas e covas e tamén por unha area branca e fina. Visitada por moitos turistas da capital do Estado, así como grandes familias da zona de Lugo e do norte de España.

Atopar capítulo por: